Saída a Vila de Parga

Este martes visitamos a vila de Parga, e realizamos un xogo de probas tematizado na Feira da Cantería, Callos e Artesanía que se celebra no mes de xullo en Parga, e que este ano celebrou a súa 25 edición.

Segue lendo


Contrapublicidade

No Concilia Vacacións temos as mellores técnicas e técnicos de publicidade, que se dividiron en pequenos grupos para realizar un anuncio moi “molón” sobre un produto natural elexido por cada grupo.

Segue lendo


Merendas Saudables

Cada participante foi anotando no seu caderno (segundo os seus gustos e preferencias) diferentes tipos de merenda. Como sabedes a merenda máis saudable é froita, froita e máis froita; pero tratamos de variar un pouquiño.

Segue lendo


Unha chea de familias

Un dos recursos que utilizamos ao longo das diferentes quincenas do Concilia Vacacións son os contacontos. Con esta dinámica, pretendemos cumprir moitos obxectivos (espertar o pracer pola lectura, espertar a imaxinación e a fantasía, mellorar o dominio do vocabulario, e un longo etcétera, pero entre eles destacamos a crítica e a reflexión sobre as historias narradas) Nesta ocasión, baseándonos no libro de Xosé A.

Segue lendo


Xincana Medioambiental

Nesta ocasión, fixemos unha xincana que consistía en diferentes probas que tiñan que ir superando relacionadas có medio que nos rodea e cos catro elementos naturais.

Segue lendo


Visita da Asociación Bico de Leite

Este martes tivemos a honra de recibir a visita de Silvia, unha das rapazas que forma parte da Asociación Lucense prolactancia materna “Bico de Leite”, xusto cando se celebra a semana Mundial da Lactancia Materna.

Segue lendo


Debuxos que flotan

Realizamos un experimento moi sinxelo á vez que orixinal. Necesítase un prato de porcelana, un rotulador de pizarra, auga e… MAXIA!!

Segue lendo


Camiñatas…

O pasado venres, no Concilia Vacacións fixemos unha das actividades máis sinxelas que se poden practicar, pero unha das máis recomendables polos grandes beneficios que aportan a todos os niveis.

Segue lendo


Miñoca, a nosa mascota

A nosa miñoquiña leva moitos días de festa comendo moitos doces e bebendo zumes e refrescos.

Segue lendo


Cociña contra o desperdicio

Os nenos e nenas dividíronse en tres grupos e cada un tivo que realizar unha receita na que o que se pretendía era ofrecer ideas para loitar contra o desperdicio alimentario.

Segue lendo