Concilia Vacacións 2018

A nosa principal intención coas actividades propostas nesta programación é espertar a curiosidade, o interese e a motivación dos nenos e nenas cara o medio natural en xeral e o seu concello en particular. Conseguir que sexan persoas respectuosas co medio ambiente e co seu contorno urbano e cultural co que conviven diariamente.

Ao mesmo tempo preténdese propiciar o respecto á identidade de cada neno e nena, así como a aceptación e respecto á diversidade así como respectar o seu punto de vista e escoitalos sobre todas as cuestións de como lles gustaría mellorar o seu contexto.

A través de dinámicas relacionadas co mindfulness e hábitos de saudables pretendemos tamén inculcar unha mirada cara o Eu como parte do Todo. Non podemos pretender aceptar o noso contorno sen coñecernos e valorarnos a nós mesmas como persoas sociais que somos.

O horario do programa é de 10 a 14 horas de luns a venres.

A distribución horaria principal diaria que faremos será:

10:00 a 10:45 Recunchos Educativos

Asemblea de convivencia

Mindfulnes, xogos de presentación, contacontos…

10:45 a 11:30 Actividade da programación I
11:30 a 12:00 Merenda e xogos de distensión
12:00 a 13:00 Actividade da programación II
13:00 a 14:00 Actividade da programación III

Canción de despedida

 

Durante o verán do 2018 traballarase a través dos seguintes centros de interese:

  • 1ª quincena de xullo: MIÑOCA, TOCA E VERÁS! (O tacto)
  • 2ª quincena de xullo: A QUE CHEIRA MIÑOCA? (O olfacto)
  • 1ª quincena de agosto: QUE ESCOITAS MIÑOCA? (O oído)
  • 2ª quincena de agosto: MMM QUE BEN SABE… MIÑOCA (O gusto)