Cuarta quincena

Nesta última quincena a estrela será a gastronomía. Pero non con calquera tipo de produtos senón que se fará fincapé nos produtos de proximidade e de tempada. Os nenos e nenas coñecerán a cociña dun restaurante da zona que lles explicará como se elaboran os seus pratos.

Ao mesmo tempo serán os protagonistas do concurso de cociña Witichef no que porán a proba a súa coordinación elaborando receitas con produtos de tempada en equipos. Para poñer o broche final ao programa haberá unha festa final na que se proxectará o documental “Alerta Guitiriz” e ao que estarán invitados todos os nenos e nenas que participaron no programa ao longo do verán.

Entre as actividades que se levarán a cabo cómpre destacar:

  • Mmm, que ben sabe Miñoca
  • O mapa do consumo
  • Witichef
  • Entrevistas “como se xestiona o lixo?”
  • Festa Final

Nesta quincena realizaremos as seguintes saídas:

  • Ruta pedestre aos sete muíños
  • Cociña da Casa Gaibor
  • Xogo de orientación centro de interpretación da auga
  • Saída á casa de Díaz Castro