Primeira quincena

O noso eixe principal, inicialmente, será a toma de contacto co grupo participante, terá a fin de coñecerse, darse a coñecer ao grupo e crear sentimento de grupo. Así é como se iniciará cada quincena que se incorporen compañeiras e compañeiros novos.

Por outra banda, entendemos que para traballar valores de grupo primeiro temos que coñecer as características interpersoais para logo relacionarnos en base ás mesmas coas demais persoas e conseguir que esas relacións sexan o máis positivas e efectivas posibles.

Pretendemos que os nenos e nenas se sintan confortables no programa e dispostos a participar de maneira activa nas actividades propostas.

Nesta primeira quincena os nenos e nenas coñecerán a Miñoca, o personaxe que os acompañará nesta viaxe ao longo do verán. Miñoca é un boneco creado con materiais de refugallo que presentará aos nenos e nenas problemáticas ambientais e actividades relacionadas coa reutilización de materiais principalmente.

Algunha das actividades que presentará nesta quincena son:

  • Presentación do documental “Alerta Guitiriz”
  • A caixa de correos
  • Os nosos colectores do lixo
  • Elaboración dun composteiro

Con respecto ás actividades relacionadas coa temática destacamos:

  • Carreira contra o lixo
  • Elaboración de fornos solares
  • Circuíto de psicomotricidade a cegas

Para esta quenda están programadas as seguintes saídas:

  • Ruta pedestre aos sete muíños
  • Saída aos invernadoiros de Roca e San Alberte