Segunda quincena

Ao longo desta quincena continuaremos achegando aos nenos e nenas ao mundo dos sentidos empregando, neste caso o olfacto. A través deste sentido conseguimos diferenciar aromas, alértanos de perigos e, incluso, fai que os nosos recordos queden fixados na nosa memoria.

Os nenos e nenas continuarán realizando o seu documental “Alerta Guitiriz” que, ademais, contará coa visita dunha persoa responsable do Festival de cine de Roca que lles explicará a importancia dos audiovisuais na sociedade e poderán resolver calquera das súas dúbidas con el.

Das actividades que se levarán a cabo nesta quincena cómpre destacar:

  • A que cheira, Miñoca?
  • A contaminación ambiental
  • Xincana dos olores
  • Elaboración de sacos aromáticos
  • Vídeo-obradoiro “Homo responsabilus vs Homo Consumus”

Para esta quincena os nenos e nenas realizarán varias saídas:

  • Saída á panadaría A Esquina
  • Ruta sensitiva ao redor do Balneario
  • Visita a unha explotación gandeira