• ESCOLA DE VERÁN 2017. AS VIAXES NO TEMPO.

    Na Escola de Verán os nenos e nenas realizarán unha viaxe no tempo que os transportará a través das culturas castrexas, romana e medieval.

  • Moitas actividades!!!

    Xogos de todo tipo para aprender e disfrutar ao mesmo tempo.

    Coñeza as actividades


Artigos recentes

Chega a Feira Medieval

Durante estes dias viaxamos ao Medievo nunha apaixoante viaxe pola historia. Como colofón, celebramos hoxe unha feira na que artesáns, comerciantes,labregos e cabaleiras intercambiamos os nosos obxectos,

Saber máis

Xogos populares

Dedicamos varios días a facer e logo xogar os xogos populares que tanto lle gustan os cativos, birlos, tiro con arco, chapas, carreira de cabalos e carreira de sacos.

Saber máis

Somos artesáns!!

Xa temos o noso Castelo pero no medievo non todos tiñan Castelo, aprendemos a facer cousas de xeito artesanal, os nosos xabróns perfumados e  xoias.

Saber máis

As Viaxes no Tempo

A cultura castrexa

A cultura castrexa

Adentrarémonos na cultura dos celtas a través dos contos e tradicións: calendarios celtas, lendas, receitas con plantas...

Os xogos romanos

Os xogos romanos

Na cultura romana o xogo era esencial na vida das persoas. Coñeceremos a orixe de moitos dos xogos que aínda perviven hoxe en día.

A época Medieval

A época Medieval

Os accidentes xeográficos e os recursos naturais poden ser de moita axuda á hora de orientarnos na natureza.

A Feira Medieval

A Feira Medieval

Os nenos e nenas prepararán a súa propia feira medieval con artesanías e mostras de xogos e traxes medievais.


Algunhas das actividades

  • Diverciencia

    Diverciencia

    Explicarémoslles aos nenos e nenas que somos sabios investigadores e para ser sabios investigadores necesitamos CREATIVIDADE e o DESEXO DE APRENDER COUSAS NOVAS a través de experimentos sinxelos, divertidos e fundamentais para comprender a natureza das cousas.
  • Speak&Play

    Speak&Play

    Onde os nenos e nenas se divertirán mantendo un contacto directo e continuado co inglés para potenciar a súa asimilación e comunicación a través dun conxunto variado de actividades.
  • Xogos de presentación

    Xogos de presentación

    Trátase de xogos moi sinxelos que permiten un acercamento e contacto. Fundamentalmente son xogos destinados a aprender os nomes e algunha característica.
  • Xogos cooperativos

    Xogos cooperativos

    Os nenos e nenas xogan cos demais non contra os demais. Xogan para superar desafíos ou obstáculos e búscase a participación de todos. Dáse importancia a metas colectivas e non a metas individuais. Búscase a creación e as suxestións de todos. Búscase desenvolver as actitudes de empatía, cooperación, aprecio e comunicación, ademais da non discriminación ás persoas con dificultades.
  • Xogos de expansión

    Xogos de expansión

    Despois da merenda de media mañá realizaremos todo tipo de xogos, onde os nenos e nenas poidan desenvolver actitudes, condutas ou capacidades de forma autónoma. Crearanse espazos que terán unhas normas básicas de uso pero so recursos que neles atoparemos poderán ser utilizados de forma libre polos nenos e nenas, sempre que manteñan unha actitude de respecto cara ao espazo, os recursos e os compañeiros e compañeiras.Xogos destinados a desenvolver as interrelacións entre os membros dos grupos e os monitores e monitoras.
  • Xogos populares

    Xogos populares

    Traballaremos sobre a idea de que un dos principais puntos en común dos nenos e nenas de diferentes culturas é o xogo. Os distintos tipos de xogo que os nenos e nenas practican son un reflexo da cultura na que viven. Así, por exemplo, ata fai pouco os xogos tradicionais infantís nalgunhas etnias de Papua Nueva Guinea caracterizábanse pola ausencia de gañadores e perdedores. Todo o contrario sucede nos xogos actuais da nosa sociedade occidental onde a competición convértese en moitos casos en moitos casos nun elemento esencial.

inicio

Un campamento urbano, nunca debe converterse nunha “gardería estacional”, debe ser un espazo de encontro, de motivación lúdica, de aprendizaxe, de convivencia … un espazo, en definitiva capaz de ofrecer aos nenos e nenas a posibilidade de gozar de vacacións aínda que continúe estando no seu entorno máis inmediato.

O obxectivo do campamento é coidar dos nenos e nenas á vez que lles aprendemos a xestionar o seu tempo libre, ensinándolles a ocupar este con actividades lúdicas e educativas acorde o seu desenvolvemento, inculcando actitudes de respecto, cooperación e tolerancia a través de obradoiros e xogos compartidos.