E chegaron aos nosos castros celtas.. os romanos!!

Tivemos a visita na escola de verán da Casa da Cultura do Milladoiro, duns romanos moi simpáticos que nos mostraron como chegaron a Galiza os seus ancestros fai moitos anos. Tamén nos mostraron as obras arquitectónicas e as esculturas que polo mundo e por Galiza fixeron, e o mellor de todo e que nos propuxeron que fixéramos as nosas propias obras romanas. Arcos do triunfo, templos, pontes, anfiteatros, casas romanas ou acueductos, entre moitas outras, son algunhas das obras que estamos adaptando o Milladoiro, e a verdade, están quedando moi ben.

Pero despois de tanto diseño e construcción, sempre temos tempo para facer un montón de xogos e actividades cooperativas onde o importante e pasalo ben e divertirse moito! 

 

Faga un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>