Pintando muros

Os nenos e nenas do Concello de Ames darán continuación á programación iniciada no xuño lúdico “Pintando muros” na que a arte e expresión urbanas eran as protagonistas.

O singular grupo artístico “Tropa de Trapo” serán os encargados de mostrar aos nenos e nenas as posibilidades da arte urbana e guiaraos a través das actividades propostas. Trátase dun grupo heteroxéneo de arte urbana composto por persoas de diferentes partes do mundo e de diferentes culturas e xéneros que comparten a paixón por este estilo artístico.

Cada un dos centro continuará os proxectos iniciados ao longo do xuño lúdico, facendo deste verán un lugar de creación, creatividade e expresión artística.

 

Faga un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>