Creando murais abstractos

Boas familias. Continuamos unha semana máis na Escola de verán da Maía empapándonos da cultura e arte urbana. Desta volta, as nenas e nenos do grupo de infantil, elaboraron uns murais abstractos coa intención de dar un maior colorido ao noso patio a través da súa imaxinación e creatividade. As actividades gustaron moito, pero sen dúbida o martes foi o día máis esperado por todas e todos: infantil estrenou a piscinaaa!! 

As caras de felicidade reflectían a emoción que todas e todos sentían por darse o primeiro chapuzón da Escola de verán. Gozaron moitísimo. Esperamos que o tempo nos acompañe para voltar canto antes. 😊

O xogo continúa……

 

Faga un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>