3, 2, 1… SETEMBRO!!!

Nun abrir e pechar de ollos pasaron xullo e agosto… e aínda que comeza setembro, nós continuamos ca nosa programación do verán.

O bo tempo invita a saír, e por iso aproveitamos as nosas excursións pola contorna da EEI do Milladoiro para xogar e crear cos distintos elementos da natureza: paus, piñas, follas… Ademáis xogamos a debuxar e adiviñar as nosas emocións. ¿Sabedes como se debuxa a alegría? Nós sí!!

Nos ratiños que pasamos no comedor aproveitamos para visionar curtametraxes relacionadas ca expresión e recoñecemento emocional e ca igualdade. A que máis nos gustou foi a curta de “Kitbull”, na que un can e un gato abandonados se fixeron amigos e, despois de fuxir dunhas persoas malas, conseguiron atopar unha familia axudándose un o outro. En “Hair Love” coñecimos a historia dunha nena e un papá que fan todo o posible para que a mamá, que está enferma no hospital, se de conta de que a pesar de todos os obstáculos e dificultades e de que agora non teña pelo, eles siguena vendo como a super heroína que é.

Ademáis, como expertos científicos que somos, fixemos uns debuxos secretos con zume de limón…, estes debuxos eran “invisibles”, pero cando xs monitorxs lle acercaron un chisqueiro prendido… ¿maxia? Non, CIENCIA: aparecían os nosos debuxos en cor ocre.

Aínda que estamos na metade do setembro lúdico non temos dúbida de que nos esperan uns días cheos de experiencias e diversión, así que pronto volveredes a ter novas dende a EEI do Milladoiro.

 

Faga un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>