Ecoximkana

Na xornada de hoxe, seguindo a temàtica proposta para este lúdico, os cativos e cativas realizaron unha ecoximkana por equipos na cal cada equipo correspondíase cun refugallo diferente (vidro, papel e envases lixeiros) e cuxo obxectivo consistía en chegar à meta sen caer no contedor equivocado, posto que voltarían á posiciòn de saída. Con isto reflexionaron sobre a importancia da separación dos materiais de refugallo e da reciclaxe dos mesmos. Posteriormente crearon un “memory” cos diferentes tipos de refugallo, para cal elaboraron el@s mesm@s as tarxetas. Tamén participaron no xogo da “mosca e o camaleòn” a través do cal se simula o efecto lento e continuado do cambio climàtico no planeta. Por último realizaron unha dinàmica chamada “abraza àrbore”, a cal tratou sobre recoñecemento das àrbores a cegas e por parellas.

 

Faga un comentario

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>