Recta final

Para despedir a escola de verán tivemos a visita do artista Fran Riveiro que nos amosou as súas obras e co cal realizamos un taller de pintura. E como colofón final organizamos un gran festival de música onde nenos e monitores demostramos as nosas dotes artísticas.


Psicomotricidade, imaxinación e creatividade

As nenas e nenos da Maía seguimos a introducirnos no mundo da música. Esta semana a través de diferentes dinámicas viaxamos polos diversos estilos musicais (tango, rock, flamenco, clásica….) Traballando así a psicomotricidade, imaxinación, creatividade, e as diferentes culturas.


O bo tempo acompaña

Parece que o sol e o bo tempo queren acompañarnos nesta última quenda da Escola de Verán. Esta semana comezamos cada xornada con xogos de equipo como o baseball pateo, Rommell Montgomery, xogo das pás, o KO… e despois de merendar co caloriño chapuceamos na piscina grandes e pequenos. 


O tesouro da música

Esta semana abrimos a última quenda do verán facendo un repaso de todo o aprendido cun “pasapalabra” e así amosarllo aos novos membros da tropa, tamén tivemos a visita dunha exploradora coa cal nos sumerximos nunha gran expedición na búsqueda do tesouro perdido.


Abaixo os palcos!!

Hoxe a nosa tropa deulle ao maxín experimentando con obxectos de refugallo ou utensilios caseiros para sacaren o son que levan dentro. Inspirados por músicos da rúa e experimentais, que visualizaron previamente, os cativos e cativas esforzaronse en deseñar os seus propios instrumentos musicais… Abaixo os palcos!


Non é un adeus

Entramos nesta última quenda de verán despedíndonos de parte da nosa Tropa, gozando dunha xornada dinámica ao aire libre que serviu para coñecernos dun xeito distendido.


Bailando sen parar!!

Para finalizar esta primeira quenda de agosto, a nosa tropa quedou sen folgos participando en diferentes xogos cooperativos. E como feche final, non podían faltar a música e o baile asociados aos diferentes artistas que aprendemos durante a quincena.


Bingo con ritmo

Esta semana tivemos uns días a mar de musicais! Aprendemos moito sobre os instrumentos, os ritmos e ata tivemos un desafío de baile co cal desfrutamos montando a nosa propia coreografía. Hoxe como broche final todos puidemos demostrar o aprendido a través dun bingo.


A tope coa música

Esta semana estamos a tope coa música.  Para activarnos todos os días estamos a facer bailes e cantos con diferentes estilos musicais rock, pop, electrónica, folk, salsa… e fixemos unha exposición de cintas e discos. Quedaron sorprendidos xa que moitos/as viron por primeira vez un tocadiscos. Con este dia de choiva, o mellor plan para inicialo foi facer unha sesión de relaxación escoitando a

Saber máis


A “fauna” musical

No día de hoxe, a nosa tropa puido demostrar a súa cultura musical, recoñecendo diferentes artistas a través das súas cancións máis emblemáticas e as súas imaxes. A seguir, amosáronnos unha grande creatividade recreando as iconas que mais lles gustaron.