Agosto 2019: Rachando o vento

Despois de acompañar á Tropa de Trapo a través das diferentes mostras de arte urbana, neste mes de agosto os nenos e nenas da Escola de Verán converteranse en protagonistas creando os seus propios estilos e bandas musicais.

A música forma parte do noso día a día, a música dá sentido ás nosas emocións, inquedanzas, forma parte de cada un e cada unha de nós. Non é preciso ir a unha academia ou a unha escola para ter sentido musical. Desde que nacemos o ritmo do noso corazón acompáñanos ao longo de toda a vida.

Por este motivo, a través desta proposta educativa centrada na educación musical, preténdese agudizar os nosos sentidos musicais empregando a nosa realidade máis próxima: o noso propio corpo, materiais de refugallo, elementos da natureza…

Finalizará a proposta coa preparación dunha festa final na que os nenos e nenas demostrarán as súas habilidades ao resto do grupo.