escola_de_veran

Posts byescola_de_veran

Bailando sen parar!!

Para finalizar esta primeira quenda de agosto, a nosa tropa quedou sen folgos participando en diferentes xogos cooperativos. E como feche final, non podían faltar a música e o baile asociados aos diferentes artistas que aprendemos durante a quincena.


Bingo con ritmo

Esta semana tivemos uns días a mar de musicais! Aprendemos moito sobre os instrumentos, os ritmos e ata tivemos un desafío de baile co cal desfrutamos montando a nosa propia coreografía. Hoxe como broche final todos puidemos demostrar o aprendido a través dun bingo.


A tope coa música

Esta semana estamos a tope coa música.  Para activarnos todos os días estamos a facer bailes e cantos con diferentes estilos musicais rock, pop, electrónica, folk, salsa… e fixemos unha exposición de cintas e discos. Quedaron sorprendidos xa que moitos/as viron por primeira vez un tocadiscos. Con este dia de choiva, o mellor plan para inicialo foi facer unha sesión de relaxación escoitando a

Saber máis


A “fauna” musical

No día de hoxe, a nosa tropa puido demostrar a súa cultura musical, recoñecendo diferentes artistas a través das súas cancións máis emblemáticas e as súas imaxes. A seguir, amosáronnos unha grande creatividade recreando as iconas que mais lles gustaron.


Milla Cómic

Esta semana xs nenxs empregaron toda a súa imaxinación para crear o noso propio cómic, demos un salto á cultura xaponesa a través de unha debuxante e ilustradora de cómics que nos deu a coñecer o manga. Por outro lado, tamén tivemos un pequeno festival de música rap para despedirnos de Xullo e darlle a benvida a Agosto, no cal ata tivemos unha pelexa

Saber máis


Visita da unidade de emerxencias

Hoxe, debido a entrada desta nova quenda do mes de Agosto e para darlles unha benvida emocionante ás cativas e cativos veu o persoal de protección civil de Ames a explicarnos as súas labores. Descubrimos numerosos sinais, vimos diversos traxes tanto para combater o lume ou a tan temida vespa velutina, e resolveron todas as nosas dúbidas. Xa somos uns profesionais e lembrade ante

Saber máis


Broche final

Como broche final da quincena, fixemos coa nosa tropa un trivial onde demostraron tódolos coñecementos adquiridos sobre a temática da cultura urbana . Posteriormente, realizouse unha pelexa de galos na que puideron deleitarnos coas súas composicións de rap . Para rematar, os gañadores dos distintos eventos foron agasallados con pezas de arte de confección propia.


Mudamos a realidade

Pensábades que nos estabamos a aburrir?  POIS NON! Cos/as nosos/as pequenos/as grandes artistas estivemos mellorando a técnica do graffiti, desta vez, con xiz decoramos as paredes da escola da Maía. E como non, con estes días de sol desfrutamos duns grandes xogos de auga e piscina. Pronto recibiredes máis novas!!


Facendo equipo

Esta semana desfrutamos duns xogos de equipo non tan coñecidos para as cativas e cativos como o fútbol gaélico e o ultimate. Logo de aprender as normas e duns cantos adestramentos, celebramos os correspondentes torneos entre as 4 tribus urbanas xa establecidas. Tamén realizamos un circuíto de obstáculos para adentrarnos no “parkour”  animados por diferentes cancións de distintos estilos musicais.


O xeo tamén pinta

Para estes días de altas temperaturas decidimos crear con xeos, tras coñecer ao artista Othman Toman que pintaba con xeados. Fixeron diversas creacións tales como nubes, elefantes, árbores, etc., descubrindo novas posibilidades de crear arte. Para todxs foi unha maneira innovadora de pintar xa que están acostumadxs a pintar con pinturas nun novo suporte.