escola_de_veran

Posts byescola_de_veran

Irradiando arte

Tras descubrir as obras a partir de materiais desbotados feitas por varios artistas de renome, as nosa tropa traballou co refugallo chea de inspiración… Velaquí as composicións finais!


Arte en cores

Esta semana seguímonos introducindo na arte urbana a través da creación de figuras en 3D no noso patio, tamén visitamos os graffitis do pavellón veciño e aproveitamos para darlles a coñecer artistas urbanos locais. A maiores descubrimos a cantidade de Meninas que se atopan nas rúas de Canido e crearon as súas propias adaptacións. Para todos eles foi unha semana dinámica na que puideron

Saber máis


Con estilo urbano

Nesta nova quenda no grupo de primaria comezamos introducindo o novo proxecto de circuíto urbano. Agora que somos expertos e expertas na arte urbana “tunearemos” os nosos vehículos sen motor, facendo un repaso ás normas de circulación vial e deseñando o circuito co noso propio “street style”.  A maiores, como a climatoloxía foi favorable, tamén organizamos dúas saídas para realizar actividades ao aire libre,

Saber máis


Glu e Grafiño

Esta semana as/os peques da Maía deixamos voar a nosa imaxinación creando as nosas mascotas. Glu e Grafitiño.  A través dun gran collage con material de refugallo as nenas e nenos foron dando forma aos corpos dos nosos novos amig@s,  os cales pasarán a formar da nosa gran familia. Por outra banda, desexamos que o tempo nos acompañe no final da semana, para voltar

Saber máis


Somos arte

Levamos a cabo unha visita a un museo moi diferente xa que os cadros proxectábanse nas paredes o son de diferentes estilos de música. As nenas e nenos quedaron encantadas/os ca fantasía de este museo e coa posibilidade de saltar e bailar dentro das obras de arte. Pudemos ver pinturas de arte urbana, impresionismo e arte Africana, o rematar cada exposición plasmaron nun papel

Saber máis


Xogando ao “Colpbol”

Esta semana as rapazas e os rapaces de primaria da Maía celebramos un campeonato de “colpbol” entre as diferentes tribus urbanas (rapeiros, parkoureiros, grafiteiros e skaters). No medio dunha semana na que primaron as visitas á piscina, hoxe celebrouse a final e os resultados non puideron estar mais axustados. As gradas, máis animadas ca nunca, tremeron baixo a emoción de todos os/as siareiros/as. Ademais

Saber máis


Creando murais abstractos

Boas familias. Continuamos unha semana máis na Escola de verán da Maía empapándonos da cultura e arte urbana. Desta volta, as nenas e nenos do grupo de infantil, elaboraron uns murais abstractos coa intención de dar un maior colorido ao noso patio a través da súa imaxinación e creatividade. As actividades gustaron moito, pero sen dúbida o martes foi o día máis esperado por

Saber máis


Dominando a técnica

Hoxe a nosa tropa aprendeu diferentes técnicas, como o esterxido, usadas por os nosos artistas urbanos favoritos Temos de todo: pequenos e pequenas Banksy, Dr. Thompsom, Sara Murias, vellaEscola… Que se preparen as rúas!


Historiarte

Esta semana expresámonos a través da arte, introducímonos na idade do Paleolitico realizando as nosas propias pinturas rupestres; Coñecemos esculturas feitas pola propia natureza, os fósiles, e realizamos os nosos propios fósiles de dinosaurio, bolboretas e caracolas marinas. Demos un salto a arte urbana moderna da man das reinvindicativas pinturas de Banksy. Para rematar expresamos as emocións que nos transmitian as diferentes cancións plasmandoas

Saber máis


A remollo!!

Hoxe, despois de diversos xogos, puidemos lucir as nosas chancletas e traxes de baño. Queda oficialmente inaugurada a tempada de piscina pola nosa tropa urbana!