Category Archives: A Maía

Bingo con ritmo

Esta semana tivemos uns días a mar de musicais! Aprendemos moito sobre os instrumentos, os ritmos e ata tivemos un desafío de baile co cal desfrutamos montando a nosa propia coreografía. Hoxe como broche final todos puidemos demostrar o aprendido a través dun bingo.


A tope coa música

Esta semana estamos a tope coa música.  Para activarnos todos os días estamos a facer bailes e cantos con diferentes estilos musicais rock, pop, electrónica, folk, salsa… e fixemos unha exposición de cintas e discos. Quedaron sorprendidos xa que moitos/as viron por primeira vez un tocadiscos. Con este dia de choiva, o mellor plan para inicialo foi facer unha sesión de relaxación escoitando a

Saber máis


Visita da unidade de emerxencias

Hoxe, debido a entrada desta nova quenda do mes de Agosto e para darlles unha benvida emocionante ás cativas e cativos veu o persoal de protección civil de Ames a explicarnos as súas labores. Descubrimos numerosos sinais, vimos diversos traxes tanto para combater o lume ou a tan temida vespa velutina, e resolveron todas as nosas dúbidas. Xa somos uns profesionais e lembrade ante

Saber máis


Mudamos a realidade

Pensábades que nos estabamos a aburrir?  POIS NON! Cos/as nosos/as pequenos/as grandes artistas estivemos mellorando a técnica do graffiti, desta vez, con xiz decoramos as paredes da escola da Maía. E como non, con estes días de sol desfrutamos duns grandes xogos de auga e piscina. Pronto recibiredes máis novas!!


Con estilo urbano

Nesta nova quenda no grupo de primaria comezamos introducindo o novo proxecto de circuíto urbano. Agora que somos expertos e expertas na arte urbana “tunearemos” os nosos vehículos sen motor, facendo un repaso ás normas de circulación vial e deseñando o circuito co noso propio “street style”.  A maiores, como a climatoloxía foi favorable, tamén organizamos dúas saídas para realizar actividades ao aire libre,

Saber máis


Glu e Grafiño

Esta semana as/os peques da Maía deixamos voar a nosa imaxinación creando as nosas mascotas. Glu e Grafitiño.  A través dun gran collage con material de refugallo as nenas e nenos foron dando forma aos corpos dos nosos novos amig@s,  os cales pasarán a formar da nosa gran familia. Por outra banda, desexamos que o tempo nos acompañe no final da semana, para voltar

Saber máis


Xogando ao “Colpbol”

Esta semana as rapazas e os rapaces de primaria da Maía celebramos un campeonato de “colpbol” entre as diferentes tribus urbanas (rapeiros, parkoureiros, grafiteiros e skaters). No medio dunha semana na que primaron as visitas á piscina, hoxe celebrouse a final e os resultados non puideron estar mais axustados. As gradas, máis animadas ca nunca, tremeron baixo a emoción de todos os/as siareiros/as. Ademais

Saber máis


Finaliza xullo e comeza agosto

Xa remata o mes e os peques da Maía son uns profesionais do graffiti, traballando a creatividade e a improvisación, as nenas/os desfrutan aprendendo en equipo. Vémonos en Agosto!! 


Gozando da natureza con parcaídas

Esta semana gozamos moito da piscina grazas ao bo tempo, e xogamos moito na auga. Tamén fixemos xogos en equipo, e unha xincana de aire. Hoxe fomos ao Pazo da Peregrina a desfrutar do campo e a xogar co paracaídas

Saber máis


O profundo mar..

O mar é unha fonte de riqueza inmensa (saúde, alimentación, enerxía…) por iso é moi importante coñecelo para respectalo.

Saber máis