Category Archives: A Maía

Entramos na idade Media

Para comezar decidimos que queremos ser medievais cun gran Castelo!!! Preparamos a construción do noso Castelo das emocións, cunha gran torre onde colocamos os nosos emoticonos dos sentimientos.

Saber máis


Olimpíadas Romanas

Estes días estivemos facendo unhas olimpiadas con divertidas e variadas probas. Ademais tivemos diversos obradoiros, destacando os nosos mosaicos romanos e o levado a cabo polo Instituto Galego de Consumo.

Saber máis


A historia romana

Con esta nova quincena na Maía contamos cunha visita moi especial!! Chegaron os romanos e romanas para contarnos a súa historia e adentrarnos noutra época e cultura. Nestes días faremos moitos e variados xogos así coma unha gran Olimpíada, xa que os Romanos eran un pobo que xogaba. 

Saber máis


Están tolos estes romanos!!

Chegaron os romanos ao Milladoiro, e coa súa bravura e estratexia conquistaron os celtas. Rómulo e Remo viñéronnos visitar e contar a historia da fundación de Roma. Asi que como bos romanos comezamos construír a nosa civilización, comezando por Pompeia.

Saber máis


Titi, o guepardo

Todo bo campamento ten que ter unha mascota e nós non imos ser menos. Por iso deseñamos a nosa. Fixemos diaños, peixes, tartarugas e algún que outro bicho sen definir. 

Saber máis


A Cultura Castrexa

Os grupos de infantil están gozando moito aprendendo como vivían fai anos os habitantes dos castros en Galicia. Unha das cousas que fixeron foi unha bonita maqueta dun poboado castrexo con material de refugallo.

Saber máis


As tribos da Maía

Chega á Maía o Gran Druída unha personaxe chea de historias que lles explicou aos nosos nenos e nenas o significado de pertencer a unha tribo e como en Galicia viviron moitas culturas e tribos, como os castrexos.

Saber máis


Unha Vila do Mañá

Esta semana temos a colaboración do proxecto “unha Vila do mañá” que cada día nos sorprende con divertidos e entretidos obradorios pensados para que os nenos e nenas sexan partícipes no deseño dos espazos urbanos, espazos para pasear, xogar e vivir

Saber máis