Category Archives: Actividades

Xogando ao “Colpbol”

Esta semana as rapazas e os rapaces de primaria da Maía celebramos un campeonato de “colpbol” entre as diferentes tribus urbanas (rapeiros, parkoureiros, grafiteiros e skaters). No medio dunha semana na que primaron as visitas á piscina, hoxe celebrouse a final e os resultados non puideron estar mais axustados. As gradas, máis animadas ca nunca, tremeron baixo a emoción de todos os/as siareiros/as. Ademais

Saber máis


Dominando a técnica

Hoxe a nosa tropa aprendeu diferentes técnicas, como o esterxido, usadas por os nosos artistas urbanos favoritos Temos de todo: pequenos e pequenas Banksy, Dr. Thompsom, Sara Murias, vellaEscola… Que se preparen as rúas!


Historiarte

Esta semana expresámonos a través da arte, introducímonos na idade do Paleolitico realizando as nosas propias pinturas rupestres; Coñecemos esculturas feitas pola propia natureza, os fósiles, e realizamos os nosos propios fósiles de dinosaurio, bolboretas e caracolas marinas. Demos un salto a arte urbana moderna da man das reinvindicativas pinturas de Banksy. Para rematar expresamos as emocións que nos transmitian as diferentes cancións plasmandoas

Saber máis


Xa case remata..

A escola de veran está pronta a rematar, e para despedila como se merece, hoxe fixemos unha carreira por todo o alto. Unha competicion de avións de refugallo.

Saber máis


Apagando incendios

Hoxe na Escola Infantil do Milladoiro divertímonos moito co circuito do aire. Simulamos ser avións e tivemos que superar probas moi dificultosas para lograr extinguir os incendios. Un xogo moi entretido que nos permitiu recordar os catro elementos traballados durante o verán (terra, auga, lume e aire).

Saber máis


Escolas sostibles

Hoxe os nosos pequenos e pequenas ecoloxistas remataron as maquetas das suas escolas alternativas, nas cales empregaron enerxías renovables. Para estes curiosos diseños utilizaron material de refugallo e moitísima imaxinación.

Saber máis


Gozando da natureza con parcaídas

Esta semana gozamos moito da piscina grazas ao bo tempo, e xogamos moito na auga. Tamén fixemos xogos en equipo, e unha xincana de aire. Hoxe fomos ao Pazo da Peregrina a desfrutar do campo e a xogar co paracaídas

Saber máis


Xira muíño xira…

Os nenos da Escola Infantil, con motivo da quincena adicada o cuarto elemento, o aire, elaboramos uns fermosos muiños de vento.

Saber máis


O noso acuario

Hoxe as nosas rapazas e rapaces descubriron diferentes ecosistemas mariños a través da realización dun acuario feito por eles.

Saber máis


O profundo mar..

O mar é unha fonte de riqueza inmensa (saúde, alimentación, enerxía…) por iso é moi importante coñecelo para respectalo.

Saber máis