Category Archives: Escola de Verán

O bo tempo acompaña

Parece que o sol e o bo tempo queren acompañarnos nesta última quenda da Escola de Verán. Esta semana comezamos cada xornada con xogos de equipo como o baseball pateo, Rommell Montgomery, xogo das pás, o KO… e despois de merendar co caloriño chapuceamos na piscina grandes e pequenos. 


O tesouro da música

Esta semana abrimos a última quenda do verán facendo un repaso de todo o aprendido cun “pasapalabra” e así amosarllo aos novos membros da tropa, tamén tivemos a visita dunha exploradora coa cal nos sumerximos nunha gran expedición na búsqueda do tesouro perdido.


Abaixo os palcos!!

Hoxe a nosa tropa deulle ao maxín experimentando con obxectos de refugallo ou utensilios caseiros para sacaren o son que levan dentro. Inspirados por músicos da rúa e experimentais, que visualizaron previamente, os cativos e cativas esforzaronse en deseñar os seus propios instrumentos musicais… Abaixo os palcos!


Non é un adeus

Entramos nesta última quenda de verán despedíndonos de parte da nosa Tropa, gozando dunha xornada dinámica ao aire libre que serviu para coñecernos dun xeito distendido.


Bailando sen parar!!

Para finalizar esta primeira quenda de agosto, a nosa tropa quedou sen folgos participando en diferentes xogos cooperativos. E como feche final, non podían faltar a música e o baile asociados aos diferentes artistas que aprendemos durante a quincena.


Bingo con ritmo

Esta semana tivemos uns días a mar de musicais! Aprendemos moito sobre os instrumentos, os ritmos e ata tivemos un desafío de baile co cal desfrutamos montando a nosa propia coreografía. Hoxe como broche final todos puidemos demostrar o aprendido a través dun bingo.


A “fauna” musical

No día de hoxe, a nosa tropa puido demostrar a súa cultura musical, recoñecendo diferentes artistas a través das súas cancións máis emblemáticas e as súas imaxes. A seguir, amosáronnos unha grande creatividade recreando as iconas que mais lles gustaron.


Milla Cómic

Esta semana xs nenxs empregaron toda a súa imaxinación para crear o noso propio cómic, demos un salto á cultura xaponesa a través de unha debuxante e ilustradora de cómics que nos deu a coñecer o manga. Por outro lado, tamén tivemos un pequeno festival de música rap para despedirnos de Xullo e darlle a benvida a Agosto, no cal ata tivemos unha pelexa

Saber máis


Visita da unidade de emerxencias

Hoxe, debido a entrada desta nova quenda do mes de Agosto e para darlles unha benvida emocionante ás cativas e cativos veu o persoal de protección civil de Ames a explicarnos as súas labores. Descubrimos numerosos sinais, vimos diversos traxes tanto para combater o lume ou a tan temida vespa velutina, e resolveron todas as nosas dúbidas. Xa somos uns profesionais e lembrade ante

Saber máis


Broche final

Como broche final da quincena, fixemos coa nosa tropa un trivial onde demostraron tódolos coñecementos adquiridos sobre a temática da cultura urbana . Posteriormente, realizouse unha pelexa de galos na que puideron deleitarnos coas súas composicións de rap . Para rematar, os gañadores dos distintos eventos foron agasallados con pezas de arte de confección propia.