ESCOLA DE VERÁN 2017 – AGOSTO

OS VIAXEIROS DO TEMPO

Tomando como referencia a publicación de banda deseñada do 1988 editado por Xuntanza Editorial co mesmo nome, iniciamos unha viaxe polo tempo pasado a través dos Celtas e Romanos. Nesta obra un rapaz da prehistoria atopaba a uns misteriosos viaxeiros temporais que proviñan do século XIX para indagar nas súas raíces. Esta historia sérvenos de punto de partida para facer entender os nenos e nenas a importancia das nosas raíces na configuración da nosa personalidade, costumes e tradicións actuais e seremos coñecidos como “OS VIAXEIROS E VIAXEIRAS NO TEMPO

ESCOLA DE VERÁN AGOSTO

Dividimos as quincenas buscando diferentes puntos de interese:

1ª quincena xullo: O MEDIEVO I: AS EMOCIÓNS E A SOCIEDADE
2ª quincena xullo: O MEDIEVO II: A FEIRA MEDIEVAL

Presentarase cada cultura a través de diferentes personaxes que nos contarán como se vivía nesa época, a importancia de convivir en grupo, o rol da muller…

Así, ao mesmo tempo, traballarase a través de diferentes dinámicas a identidade de grupo, a personalidade, a aceptación de diferenzas (tolerancia), a comunicación, a cooperación, a resolución de conflitos e a expresión emocional positiva.

Para isto poñeremos en práctica técnicas e levaremos a cabo obradoiros e xogos que nos permitan dotar aos nenos e nenas de ferramentas e habilidades que lles permitan:

• Responder creativamente ante os conflitos
• Expresar os sentimentos e emocións dun xeito pacífico e non destrutivo.
• Exercer o autocontrol
• Etc.

PRIMEIRA QUINCENA DE AGOSTO:

O MEDIEVO, AS EMOCIÓNS E A SOCIEDADE

 

Para guiar esta aventura contaremos coa axuda do xograr Fernando, un curioso artista ambulante que dedica a súa vida a compoñer e divertir en festas e celebracións na corte.

EXPRESIÓN POSITIVA DAS EMOCIÓNS

Acompañados polo Xograr Fernando, os nenos e nenas analizarán a función destes artistas, que estaban preparados para tocar instrumentos musicais, cantar, bailar, contar historias e lendas coa finalidade de entreter á xente. Para todo isto tiñan que ter capacidade de invención e imaxinación, así como un grande dominio das emocións e facilidade para trasladalas ao público.

IGUALDADE DE XÉNERO

 

Ao longo deste mes, farase especial fincapé na importancia de adquirir habilidades que lles permitan aos nenos e nenas expresar de forma positiva as súas emocións e sentimentos. Deste xeito, traballarase a igualdade dende unha vertente centrada nas diferenzas existentes na expresión e transmisión de emocións dos diferentes xéneros. Para isto empregaremos os roles asociados ás mulleres e aos homes desta época que tamén vemos reflectidos nos contos populares que peeduran hoxe en día. Nestes contos descríbese unha imaxe da muller pasiva que agarda polo home que a rescate da súa situación.

O xograr Fernando guiará aos nenos e nenas a través das seguintes actividades:

CASTELO XIGANTE CON TETRA BRIKS

OBRADOIROS DE EXPRESIÓN CORPORAL

CONTACONTOS

INFLUENCIA MEDIEVAL EN AMES

 

SEGUNDA QUINCENA DE AGOSTO:

O MEDIEVO: A FEIRA MEDIEVAL

 

 

Recreación dunha feira medieval. Esta actividade centrará o traballo ao longo da segunda quincena, nos que se abordarán as expresións artísticas da época, os oficios, os costumes, tradicións e formas de lecer … Coa posta en marcha de diferentes obradoiros os nenos e nenas elaborarán todos os elementos que configuran unha feira medieval, tales como: vestimentas, moedas da época, postos de venda, produtos artesanais, xogos … de xeito que ao seu remate se dedique unha xornada á feira, na que se desenvolverán dentro desta actividade actividades como:

CREACIÓN DE PEQUENOS POSTOS DE VENDA
VESTIMENTAS TÍPICAS
CREACIÓN DE PERGAMEOS
XOGUETES MEDIEVAIS
XADREZ XIGANTE

 

Durante as dúas quincenas levaranse a cabo as seguintes bloques de actividades, ademais das actividades e dinámicas arredor do centro de interese, tendo en conta que moitas destas actividades tiveron éxito neste verán pasado:

Xogos de presentación

Diverciencia

Speak&Play Multilingüe

Actividade de Igualdade de Xénero

Animación á lectura

Dinámicas de expresión das emocións

Xogos cooperativos

Xogos populares

Xogos na natureza

Piscina