Escola de Verán 2018 Agosto

Primeira quincena de agosto: “Nin unha pinga máis!!” (Auga)

Neste quincena centraremos a nosa atención nos problemas que ten a auga: contaminación, consumo descontrolado, plásticos…

No día a día desperdiciamos moita auga sen ter en conta as consecuencias dos nosos actos. Por este motivo, é moi importante que os nenos e nenas sexan conscientes da conservación deste ben tan importante para o mundo natural

Segunda quincena de agosto: “Non se pode nin respirar” (Aire)

Nesta última quincena finalizaremos a nosa viaxe polos diferentes elementos caendo no elemento do aire. Este tipo de contaminación é quizais a que é menos visible para os nenos e nenas pero iso non a fai menos importante.

A alteración a calidade normal do aire e a atmosfera por gases, sustancias ou axentes contaminantes liberados por industrias, fábricas, actividades humanas e outros factores é un problema que debemos dar a coñecer aos nenos e nenas.

Nesta ocasión faremos fincapé nas enerxías renovables como alternativa ás enerxías máis contaminantes.