Escola de Verán 2018 Presentación

Escola de Verán 2018

A nosa principal intención coas actividades propostas nesta programación é espertar a curiosidade, o interese e a motivación dos nenos e nenas cara o medio natural en xeral e o seu concello en particular. Conseguir que sexan persoas respectuosas co medio ambiente e co seu contorno urbano e cultural co que conviven diariamente.

Ao mesmo tempo preténdese propiciar o respecto á identidade de cada neno e nena, así como a aceptación e respecto á diversidade así como respectar o seu punto de vista e escoitalos sobre todas as cuestións de como lles gustaría mellorar o seu contexto.

A través de dinámicas relacionadas co mindfulness e hábitos de saudables pretendemos tamén inculcar unha mirada cara o Eu como parte do Todo. Non podemos pretender aceptar o noso contorno sen coñecernos e valorarnos a nós mesmas como persoas sociais que somos

2.1 Temática principal

Durante o verán do 2018 traballarase a través dos seguintes centros de interese:

  • 1ª quincena de xullo: CANTO LIXO!! (Terra)
  • 2ª quincena de xullo: APAGUEMOS OS LUMES!! (Lume)
  • 1ª quincena de agosto: NIN UNHA PINGA MÁIS!! (Auga)
  • 2ª quincena de agosto: NON SE PODE NIN RESPIRAR!! (Aire)

A proposta temática recibe o nome de “Alerta Ames” e pretende transformar aos nosos nenos e nenas en grupos ecoloxistas coa misión de identificar aqueles problemas que están presentes na nosa sociedade actual e tratar de buscar solucións ás mesmos.

Trátase de facer unha viaxe interior e exterior de volta ao EU e ao contorno natural que nos rodea: coñecer os ciclos de vida, empregar os nosos sentidos para diferenciar os elementos da natureza, adquirir hábitos responsables e saudables…

A través dos catro elementos os nenos e nenas entrarán en contacto cos diferentes ecosistemas gozando da súa diversidade e identificando os potenciais problemas aos que están sometidos.

2.2 Cronograma diario

O horario do programa é de 7:30 a 16 horas de luns a venres. A distribución horaria principal que faremos será:

7:30 a 9:00 Recunchos Educativos

Bos días

9:00 a 10:00 Asemblea de convivencia

Mindfulnes, xogos de presentación, contacontos…

10:00 a 11:30 Actividade da programación I
11:30 a 12:15 Merenda e xogos de distensión
12:15 a 13:00 Actividade da programación II
13:00 a 14:00 Actividade da programación III

Canción/Dinámica de despedida

13:45 a 15:00 Servizo de Comedor
15:00 a 16:00 Xogos de Distensión

Recunchos Educativos

 

A idea é ofrecer aos nenos e nenas unha estrutura de rutina diaria para xeral unha sensación de conforto e autonomía en cada momento. Ademais de ofrecer actividades cunha duración adecuada para todos e todas promovendo a motivación e participación activa.

 

Programación Xullo

Programación Agosto