Caixa de correos das emocións

Cada día, como parte das rutinas diarias, as nenas e os nenos deben identificar emocións, expresalas libremente e representar como se sentiron ese día.

Para comprender e manexar as emocións debemos telas sempre presentes en todo momento, por iso creamos unha caixa de correos, na que o rematar a xornada introducimos un emoticono que represente o noso estado emocional durante o día.

Así promovemos a exploración das emocións e podemos traballar con elas para poñelas en valor. E pouco a pouco aprenderemos a expresar adecuadamente os sentimentos e necesidades asociadas as emosións no momento adecuado e do modo correcto, recoñecendo as causas que as xeneran e as consecuencias futuras das nosas accións.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>