Actividades de persoas

Nas Tardes Divertidas sempre hai espazo para a igualdade xa que se traballa de maneira transversal en cada unha das actividades que realizamos como actividades concretas. Neste caso, no cole da Maía, traballamos sobre as actividades para todos e todas sen facer distinción de xénero.

Para isto primeiro lles presentamos aos nosos/as nenos/as unha serie de frases, como por exemplo: “gústame patinar” e tiñan que adiviñar quen o propuña (unha nena ou un neno). A continuación, en asemblea, chegamos á conclusión de que cada proposta podía vir tanto dunha nena como dun neno. Por iso, para rematar, colocamos dúas siluetas, de distinto sexo, e no medio de todas as frases. Xa non hai actividades de homes nin de mulleres, senon actividades de persoas.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>