Saudamos ao sol

Esta última semana na Escola Infantil do Milladoiro decidimos poñer en marcha unha sesión de ioga para nenos e nenas. Esta sesión buscaba crear un espazo distendido no que as nosas nenas e nenos gozasen ao mesmo tempo do xogo, da relaxación, da concentración e do equilibrio.

O ioga fai referencia primeiro á unión cun mesmo e tamén cos demais xa que aprenden a relacionarse e comunicarse con outros nenos. Puxemos esta práctica en marcha pensando tanto nos nenos máis activos como nos máis tímidos ou avergoñados e buscamos principalmente dotar aos nenos e nenas dunha ferrementa que lles permita canalizar a súa enerxía e reafimar a súa autoestima.

Así pois, podemos dicir que pasamos unha tarde moi entretida entre saudar ao sol, subir a montaña e presentar á serpe.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>