Descubrindo a empatía, amizade e o respecto

Esta semana adicámola a gozar dunhas xornadas de curtametraxes moi emotivas, onde a empatía, a amizade e o respecto foron os grandes protagonistas.

Ao remate das sesións compartimos entre todas e todos as sensacións e sentimentos que nos fixeron vivir.

Producíuse así unha charla, na que fumos descubrindo como diferentes estímulos son capaces de modificar as nosas emocións de forma tan efectiva. Tratamos de propiciar este tipo de debates para ir pouquiño a pouco coñecendo o que son as emocións e o variables que son.

Xa que nos gustou moito a actividade esperamos volver a repetir a experiencia cedo.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>