Manexando a calma…

En Barouta aprendemos un xeito de calmarnos cando nos enfadamos, chámase a técnica da tartaruga.

Antes de comenzar a actividade cada nena e neno falou do que lle pasa cando se enfadan (berran, rompen cousas, pegan….) e estivemon moi atentos ao conto da tartaruga Manolita.

O seguinte foi copiar os pasos desta para calmarse: parar, respirar, reflexionar e actuar. Rematamos a actividade practicando a técnica da tartaruga.

Foron moi curiosos os comentarios de todas e todos como por exemplo: “que aprendan papá e mamá a técnica de Manolita, para non enfadarse e asi non estar tan agobiados”. 

Tomade nota papás e mamás..

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>