Creando ambientes relaxantes

Pois aquí estamos… Agora que xa imos collendo as nocións básicas do ioga, puxémonos mans á obra para comezar a crear un ambiente relaxante que nos permita mergullarnos de cheo. Para empezar, estamos decorando uns portavelas que nos estan quedando preciosos! Pretendemos que o ioga chegue a ser unha actividade habitual, na que vaiamos evolucionando cunha certa frecuencia. Con este tipo de actividades dirixidas á preparación e ambientación previa, queremos conseguir a implicación de todos/as, que cheguen a sentir que eles son os donos/as da actividade, á vez que aproveitamos os pasos previos para ir creando un clima axeitado, que favoreza a concentración precisa para este tipo de accións.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>