Maxia ou capilaridade?

Coincidindo con que esta semana tiñamos marcada unha actividade de Diverciencia, na Escola de Educación Infantil do Milladoiro puxémonos mans á obra.

O primeiro que fixemos foi presentarlle aos nenos os obxectos cos que iamos traballar. Así pois, forman parte deste expetimento; 6 vasos de cristal, pinturas vermella, amarela e azul, varias tiras de papel absorbente e auga.

O obxectivo deste experimento é que as nenas e nenos pequenos observen como as cores van subindo polo papel sen que ninguén o toque. Feito este que sorprendeu moito aos nenos, xa que con este experimento pódense observar cambios nun prazo de tempo relativamente curto. Agora ímolo deixar uns días para observar se as cores se tocan entre sí e, no caso de facelo, ver como se combinan.

Debemos dicir que estiveron moi centrados no avance das cores, informando uns aos outros da evolución e deixando claro que o pasaron moi ben.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>