Theater of dreams

Durante esta última semana na Escola de Educación Infantil do Milladoiro tivemos a oportunidade de poder divertirnos cun teatriño feito por todos e todas nós.

Apoiándonos no costume británico do “boxing day”, quixemos por en valor as caixas sobrantes que conseguimos no nadal e creamos con elas un escenario. Deste xeito quixemos por en valor as múltiples posibilidades que nos ofrece a reutilización dos recursos cos que contamos. Ademais disto, decidimos crear uns monicreques personalizados por cada un deles, destacando entre as creacións; unicornios, príncipes e princesas, cans , gatos, etc. Despois, con estas posibilidades, foron os propios nenos e nenas os que crearon as súas historias para contarlle aos demais.

   A verdade e que tivemos a gran sorte de difrutar dunha tarde chea de imaxinación, soños e moitas risas.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>