A nosa rede social

Xa temos a nosa rede social! Quen quere Facebook, Twitter nin Instagram, con semellante aplicación que montamos no taboleiro do comedor.

Creamos o noso taboleiro, co noso perfil persoal (coa nosa foto de perfil e o noso nome ou pseudónimo), un espazo reservado para as nosas publicacións e outro para enviarnos mensaxes entre nós. Claro que no que xa reparamos foi en que, a pesar de que poñamos cousas dirixidas aos nosos amigos e amigas de Tardes, ningunha publicación nin mensaxe é totalmente privada, posto que o taboleiro pode ser visto polos demais usuarios/as do comedor, polo que hai que ter moito ollo co que se publica! Vaia, o mesmiño que pasa con calquera rede social…

Tamén caimos no feito de que ao utilizar os nomes falsos ou inventados, nunca podemos estar seguros/as ao 100% de estarmos a falar con quen pensamos! Vaia, o mesmiño que en calquera rede social…


Sabendo todo isto, téndoo en conta é tomando as precaucións oportunas, estámoslle sacando moito partido! Vaia, o mesmiño que en calquera rede social…


Como vedes, a cousa está os quedando do máis realista! Só nos falta un pequeno detalle… Buscarlle un nome molón! Acéptase suxestións!!

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>