Neve de cores

Continuamos a serie de experimentos científicos deste curso en Barouta facendo “neve artificial de cores”, actividade xenial coa que gozaron e xogaron un montón de tempo.

O primeiro foi explicar os pasos a seguir e as precaucións, e a continuación elaboramos a neve, empregamos: cueiros, auga e colorante alimentario (opcional). 

Se vos animades a probar, atentas e atentos aos seguintes pasos: 

– sacar o algodón do cueiro.

– frotalo coas mans (obtemos un po branco)

– xuntámolo todo nun recipiente e engadimos auga e colorante, agardamos uns segundos e “neve”

Con este tipo de experimentos espertamos a curiosidade de nenas e nenos pola ciencia, traballamos o razoamento científico e a lóxica á vez que, fomentamos o traballo en equipo e a participación activa. 

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>