Cooperar ou non cooperar…

Esta semana nas tardes divertidas de Barouta continuamos a traballar sobre a capacidade cooperativa e colaborativa do grupo. Desta volta a dinámica levada a cabo, resultou da mistura de dous xogos moi coñecidos polas nenas e os nenos: o crebacabezas e a busca do tesouro.

Antes de comezar o xogo elaboramos o noso propio crebacabezas a partir dunha foto grupal. Posteriormente, e unha vez agochadas as pezas, comezou a procura das mesmas a través de pequenas pistas. Unha vez recollidas todas elas tan só quedou xuntar as pezas correctamente para construír o noso crebacabezas particular.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>