Cun pouco disto e un pouco daquilo

   Coincidindo co apartado de diverciencia da nosa programación de tardes divertidas. Os nenos e nenas do Milladoiro, decidimos elaborar o noso propio volcán.

   Para isto, reutilizamos un vaso de plástico e sumámoslle arxila para reforzar as paredes do noso volcán. Deixámolo secar uns días e procedemos a poñer en marcha o noso experimento.

   Chegado o día, engadimos vinagre e bicarbonato ao centro do volcán e o resultado foi unha gran erupción. Os nenos sorprendidos non daban creto ante tal fenómeno e pedían novamente que engadisemos os materiais que permitisen unha nova erupción.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>