Reto culinario

En  Barouta  esta semana tocou unha das actividades lúdicas favoritas das nosas nenas e nenos, obradoiro de cociña. 

Continuando co noso compromiso de empregar ingredentes saudables propuxemos un “reto culinario”, a elaboración e decoración dun biscoito básico e sinxelo. 

O primeiro foi experimentar cos ingredentes e os diferentes sentidos, o que creou situacións moi divertidas, para continuar en  “máxima concentración” coa propia elaboración do biscoito.

Despois de esperar un tempo a que o biscoito se fixese, tocou a parte creativa, a decoración!!, …experiencia inesquecible e resultados … deliciosos.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>