Os pintores e as súas manchas

 Nesta última semana na Escola de Educación Infantil do Milladoiro, tivemos o pracer de gozar dun xogo de cores. Dito xogo, está encadrado no apartado de psicomotricidade da nosa programación de tardes divertidas.

   Para a súa posta en marcha decidimos presentarlles 10 cores coas súas respectivas 10 manchas. Así, dividíndoos en dous grupos, cada neno debería coller unha das manchiñas e poñelas encima da súa correspondente cor. Despois debería volver a toda velocidade ao grupo para dar o seu relevo ata que un equipo complete todas as cores.

 A verdade é que os nenos desfrutaron moito da actividade e compartimos un momento lúdico mentres potenciamos o noso desenvolvemento.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>