Viva o entroido

Esta semana en tardes divertidas de Barouta, como non podía ser doutra maneira, celebramos a chegada dunha das épocas máis bonitas do ano: o Entroido.

Por unha banda, a través do conto “É tempo de Entroido”, fixemos un pequeno percorrido polos distintos Entroidos que hai na nosa terra, coñecendo un pouco máis da súa historia, as súas máscaras e os seus traxes. 

Por outra banda, a través dun pequeno obradoiro de manualidades, cada neno e cada nena elaborou a súa propia máscara de Entroido, resultando unha actividade moi pero que moi colorida. 

Vémonos a volta……….e que viva o Entroiiiiidoooo!!!

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>