Aprendendo desde as raíces

Esta semana as nenas e nenos do Milladoiro tiveron a gran sorte de disfeutar dunha xornada práctica de ecoloxía. Aproveitando algún maceteiro que hai no cole sen uso e vasos de plástico e servilletas que gardamos de ir ao lixo, decidimos utilizalos para tentar crear vida.

No maceteiro decidimos prantar unhas fresas para velas crecer paso a paso. Para os vasos démoslle a escoller a eles o que prantar, que ían dende espinacas, leitugas, rabanitos, perexil ou albahaca.

Engadímoslle un trozo de servilleta para conservar o calor e tentar así que crezan. Por último, regámolas e démoslla para que se encargasen do seu coidado nas súas casas.

Foi un momento no que gozamos moito e servíu para conectarnos coa natureza de novo e saber da súa importancia.

 

Comments are closed.