Cooperando moito mellor

Esta semana na Maía, aproveitando o bo tempo, saímos ao patio a facer diferentes xogos cooperativos: cruzar o pantano: que consistía en cruzar dun lado ao outro do patio todos xuntos sen pisar o chan, para iso démoslle aos cativos revistas e papeis, entre todos lograron atravesar o pantano sen tocar o chan!

E outro que consistía en descalzarse todos e logo calzarse coa axuda dos compañeiros. Pasamos unha semana moi divertida xogando e cooperando entre todos.

 

Comments are closed.