A aparición de Robotín

Esta semana recibimos unha carta moi misteriosa e interesante… Era dun tal Robotín, un robot que nos pedía axuda para fabricar uns inventos moi peculiares… 

Contábanos que traballa nunha fábrica na que non daban a basto. Nós enseguida nos dispuxemos a botar unha man para deseñar inventos “do revés”, que era o que nos pedía… 

Unha vasoira que solta pó, un lápiz que borra, un barco que navega por terra, un castelo que non se molla, un coche que vai pola beirarúa e varias tolerías máis, porque a xente miúda non pon límites ao posible!

Enviámoslle unha carta de volta cos deseños orixinais e con moitas preguntas! As crianzas quedaron fascinadas con el e quixeron saber da súa vida… “Es doutro planeta? Es do século XXII? Saes na tele? Vasnos visitar algún día? Dasnos o teu teléfono?”

Ao día seguinte as monis levamos a carta a correos. Ficamos con moita emoción agardando o próximo contacto! Nenas e nenos preguntan todos os días por Robotín e decidiron adicarlle unha parede onde ir poñendo todo o que recibimos del… ata a súa foto! A que é moi bonitiño?

 

Comments are closed.