A biblioteca, ese lugar onde viaxas

 Durante esta última semana as nenas e nenos da Escola de Educación Infantil do Milladoiro, tivemos o enorme previlexio de poder asistir a unha sesión de contacontos na biblioteca municipal.

Os nenos estaban moi expectantes ante a posibilidade de poder saír do colexio e escoitar novos contos. Unha vez chegados á biblioteca, fomos recibidos moi amablemente por Bibiana, que estaba esperándonos. Unha vez asentados, presentounos á mascota da biblioteca e leunos 3 marabillosos contos que nos fixeron pensar e viaxar a outros lugares, potenciando deste xeito a nosa creatividade.

Finalmente, tocounos volver para o cole a merendar e despedímonos da nosa biblioteca e das súas xentes cun “ris e cun ras”. GRACIAS!

 

Comments are closed.