Descubrimentos

Esta semana na Escola de Educación Infantil do Milladoiro estamos inmersos na creatividade e na creación de inventos que poidan chegar a solucionar as nosas necesidades.

Coincidindo co apartado de diverciencia, decidimos crear un sistema que nos permita facer de fonte. O primeiro que fixemos foi facerlle un burato a unha botella nunha altura media e por encima do nivel da auga.

Posteriormente, entubámolo a modo de grifería e finalmente engadímoslle un globo cheo de aire. Despois, o aire do globo fixo o resto e a fonte botaba auga sen parar.

Foi unha actividade de descubrimento e creatividade na que os nenos aportaron as súas impresión.  Estamos seguros que de aquí pode saír algo interesante!!!

 

Comments are closed.