Tarde de praia no cole

Tantas ganas temos de bo tempo, que á primeira raiola que asoma xa se nos pon corpo de praia! E, claro, só nos queda tirar de imaxinación e improvisar a nosa tarde de praia no noso cole… Nun principio parecía que as monitoras se volverán tolas, pero pouco a pouco, fomoslle collendo o punto ao asunto e só botamos en falta o mar para darnos un baño…
E tantas cousas levamos (toallas, parasol, crema, palas, petanca, baralla…), que nos deu por poñernos creativos/as…) Dividimonos en grupos e exprimimos as cacholas para atopar novas utilidades para algúns deses elementos, creando xogos e actuacións cómicas!
O dito, que por faltar só faltou o baño!

 

Comments are closed.