Quen é quen

Coa fin de concienciar ás nosas rapazas e rapaces en que non debemos xulgar as aparencias. Decidimos facer un xogo no que presentabamos seis imaxes de persoaxes públicos e seis datos que debían relacionar con eles.

Estamos moi satisfeitas por como se implicaron, como traballaron en equipo e como foron resolvendo. Encantounos ver as súas caras de sorpresa cando demos a coñecer as identidades. Esperamos que a semente que hoxe plantamos lles sirva na vida para ver máis alá dun aspecto físico.

 

Comments are closed.