Mandala Maios

Esta semana na Maía aproveitamos o bo tempo e a celebración dos Maios para crear un gran mandala espiral.

Entre todas e todos falamos das estacións, o movemento dos planetas e a xeometría da natureza. Chegamos á conclusión de que é cíclica, e as súas formas arredondadas: flores, planetas, átomos, etc. Todos estes elementos son representados polos mandalas; crealos, debuxalos e pintalos fainos máis conscientes disto e da beleza e maxia que nos rodea.

Saímos ao patio e puxemos en marcha ás exploradoras e exploradores que levamos dentro… collemos follas, flores, ramiñas, plumas, pedriñas… Con todo isto fixemos o mandala en espiral! Quedou moi corido e fermoso! Homenxeamos así á Primavera que xa nos quenta a cariña e á Nai Natureza da que formamos parte 💚

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>