Sementando na primavera

De volta das vacacións de Semana Santa, en Tardes de Barouta fixemos unha pequena paréntese primaveral. 

O primeiro foi rematar o mural desta estación (repasamos as flores de papiroflexia co pegamento e as colocamos no comedor); logo continuamos coa plantación estacional, algo que facemos todas as primaveras e que lles encanta aos nosos nenos e nenas (desfrutan moito tocando a terra, sementando e observando como van pouco a pouco medrando).

Para plantar as sementes estamos a decorar unhas botellas de plástico que reutilizamos, e grazas ao que recordamos o gran problema medioambental que é o lixo e a regra das 4R.

Xa vos contaremos como van medrando. Un saúdo familias!!.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>