Unha chea de familias

Como ben sabedes, un dos recursos que se soe utilizar en Tardes Divertidas, son os contacontos. Con esta dinámica, pretendemos cumprir moitos obxectivos (espertar o pracer pola lectura, espertar a imaxinación e a fantasía, mellorar o dominio do vocabulario, e un longo etcétera, pero entre eles destacamos a crítica e a reflexión sobre as historias narradas)

Nas últimas semanas, como observamos que os nenos e nenas estaban falando moito sobre as diferenzas das súas familias, pareceunos moi interesante dedicar unha dinámica sobre esta temática.

Así, utilizamos como base o libro de Xosé A. Neira Cruz, titulado “Unha chea de familias”, para falar da gran diversidade familiar actual, das diferenzas que poden existir entre unhas familias e outras; pero tamén das semellanzas. Sendo tan diferentes as familias, que teñen en común? Que as une a todas? Que nos gusta da nosa familia?

Para dinamizar esta estupenda historia grazas á cal, os lectores e lectoras comprenden que as “fronteiras” das familias son amplas e están abertas; utilizamos unha simple caixa de cartón, que se convertiu no edificio onde vive Mariña, a protagonista do libro. A rapazada participante de tardes, convertíronse en pintores e pintoras de brocha gorda para decorar o edificio… Unha vez rematada a obra, vimos que todo o bloque estaba cheo de inquilinos. Así que durante un ratiño, fomos abrindo as portas de todos os pisos e coñecendo as historias de vida que estaban alí agochadas… Eran historias moi, pero que moi diferentes… pero tiñan algo moi importante en común? Animádesvos a adiviñar?? 

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>