Iriña busca ser máis feliz

Durante esta última semana as nenas e nenos da Escola de Educación Infantil do Milladoiro aproveitamos a ocasión para facer animación á lectura.

Para isto, botamos man dun conto chamado “Iriña bailarina”. Iriña era unha bailarina que bailaba todo o tempo dentro dunha caixa de música que non podía abandoar. Pero tiña outras inquedanzas como correr, saltar, nadar, xogar ao fútbol e ver o mundo nun barco pirata. Un día decatouse de que ás pezas do futbolín lles pasaba o mesmo, estas pezas querían bailar e vestir máis elegantes. Pero houbo sorte, Iriña foi coas outras bailarinas á primeira convención de bailarinas de caixiña de música. A partires deste momento, as bailarinas poderían xogar ao fútbol sempre que quixesen e serían substituidas polos bonecos do futbolín.

A verdade é que foi unha lectura que lles gustou moito e coa que todos gozamos. Axudounos a coñecernos mellor, a comprender aos demais e a desenvolver certa capacidade para chegar a puntos de encontro satisfactorios.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>