Aprendendo Xuntos

Esta semana en tardes divertidas de Barouta continuamos a traballar nos aspectos cooperativos e colaborativos do grupo de nenas e nenos. Aproveitando o bo tempo que nos acompañou ao longo destes días, decidimos levar a cabo, no exterior, unha serie de dinámicas de carácter lúdico co obxectivo de que nenas e nenos melloren a súa capacidade de traballo en equipo.

O resultado foi moi positivo, xa que ademais de mostrar un gran interese polos xogos formulados, todo o grupo mostrou grandes doses de solidaridade e compañerismo, rexeitando actitudes agresivas ou de rivalidade.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>