Tango veu a vernos

Esta semana tivemos unha visita moi especial na Escola de Educación Infantil do Milladoiro; Tango veu a vernos!

Con motivo da chegada dun mellor tempo e encadrada na nosa programación de ecoloxía e coidado da natureza e dos animais, tivemos o pracer de ter a visita de Tango. Nada máis velo, os nenos correron cara el a toda velocidade, pero o noso Tango é un can que se preparou para o contacto coas persoas, así el tamén estaba contento por vernos. A nosa compañeira explicounos todo o que é capaz a facer; o que máis lle gusta e o que non lle gusta nadiña, así como os diversos coidados que precisa.

Como se pode observar na foto foi unha tarde marabillosa para os nenos, que non facían máis que querer estar cerca del e perseguilo a todas partes.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>